publicidade hoxe

Os Empresarios de Muimenta entregan os cheques da campaña de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Entrega de cheques aos premiados

Entrega de cheques aos premiados

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, entregou na noite do pasado xoves 22 de xaneiro, 7 dos vales de cen euros que resultaron premiados na VI edición da campaña de Nadal que estivo en marcha dende o pasado luns 1 de decembro e rematou o pasado luns 5 de xaneiro do 2.015.

Os vales de cen euros teñén que consumirse nos negocios que pertencen ao colectivo empresarial, antes dun mes, é dicir, antes do 22 de febreiro. Os gañadores foron: Josefa Gasalla Falcón, Mirian Losada Rodríguez e Antonio Seco Pacio de Bretoña, Digna Portela Ónega de Outeiro, Noemí Pérez Lozano de A Graña, Lolita Pita López de Castro de Rei e María Ana Bergantiños López.

Ata o vindeiro 6 de febreiro os tres gañadores que ainda non apareceron poden poñerse en contacto con membros da Xunta Directiva ou cos negocios que repartiron a papeleta, que son Dulcería Anllo (1.487), Modas Marquel (3.487) e Perruquería Raquel (5.487).

24 de xaneiro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.