publicidade hoxe

O xerente do Sergas asina a acta de replanteo que oficializa o inicio das obras de ampliación do Hospital do Salnés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVilanova de Arousa
A-
A+

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, asinou hoxe no Hospital do Salnés xunto con representantes da empresa Dragados a acta de replanteo coa que se oficializa o inicio da obra de ampliación do centro sanitario arousán que, cofinanciada polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ten un orzamento de 7.780.149 euros.

No devandito acto tamén estiveron presentes o alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa, Tomás Fole; o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán; o delegado da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís; o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González Alvarez; a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro; o xerente executivo do Hospital do Salnés, Bibiano Fernández-Arruti e a subdirectora de Investimentos do Servizo Galego de Saúde, Cristina Enjamio.

Nova infraestrutura de 4.157 m2

A obra de ampliación e reforma contempla a construción dunha nova infraestrutura que afectará a cinco áreas hospitalarias, que representan unha superficie asistencial de 4.157 m2 -dos cales uns 2.700 son do novo edificio e uns 1.400 serán obxecto de reforma- e permitirán aplicar os avances das novas tecnoloxías sanitarias ao novo bloque cirúrxico, á nova área de urxencias e ao bloque obstétrico.

Como primeira fase, construirase un edificio adicional, que dotará ao hospital dun novo servizo de urxencias que duplica a capacidade de triaxe, observación e atención aos pacientes e disporá por primeira vez dunha zona específica de urxencias pediátricas.. Ademais, contará cun bloque obstétrico con 2 salas polivalentes, 2 Unidades de tratamento, parto e recuperación (UTPR), 1 consulta e 1 sala de reanimación de recen nados.

O novo bloque cirúrxico forma parte da segunda fase da ampliación do Hospital do Salnés, e disporá de cinco quirófanos, área de CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria) e o apoio ao bloque cirúrxico.

A terceira e derradeira fase da ampliación inclúe a unidade de coidados postcirúrxicos, con 9 camas de despertar, 9 postos sillón de reintegración ao medio e 2 boxes de aislables e coidados postanestesia. Ademais, tamén inclúe un novo Hospital de Día, con 10 boxes.

26 de xaneiro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.