publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O vento chega aos 130 km/h en Carballeda de Valdeorras

Europa Press

O temporal de vento forte deixou entre a noite do mércores e as primeiras horas da mañá do xoves refachos de intensidade máxima de 130 quilómetros por hora na estación de Lardeira, no municipio ourensano de montaña de Carballeda de Valdeorras, e 118 km/h en Cedeira (A Coruña).

Segundo os datos facilitados por MeteoGalicia, superáronse nas primeiras horas deste xoves os 100 km/h en puntos da provincia da Coruña como Punta Langosteira (111), Cariño (111) e Carnota (103); así como en lugares da provincia de Lugo como Burela (111).

Mentres, en puntos como Santiago de Compostela o vento deixou refachos de intensidade máxima de 80 quilómetros por hora e de 85 km/h na Coruña, segundo os datos de MeteoGalicia.

Ademais, durante a noite o vento alcanzou os 115 quilómetros por hora en Abadín (Lugo), os 112 en Cariño, 108 nos Ancares, 101 en Lira, os 100 en Coristanco e os 98 en Ribadeo.

En canto ás chuvias, ata primeira hora da tarde espérase o paso da fronte, que ata as 9,45 horas aproximadamente deixou ata 30 litros por metro cadrado en puntos entre Santiago cara a Camariñas, en especial na zona de Santa Comba.

ALERTA

Ata as 12,00 horas deste xoves o aviso é amarelo en toda Galicia por refachos máximos superiores aos 70-80 km/h, que se eleva a nivel laranxa na Mariña luguesa ata o mediodía ao poder superar os 100 km/h.

MeteoGalicia sinala que o vento e as chuvias permanecerán ata o mediodía. A tarde deste xoves será de chuvascos e vento moderado do noroeste, que traerá aire frío.

15 de xaneiro de 2015 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.