publicidade hoxe

O Showcooking Cocina Autóctona estréase na Fonsagrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo arrinca hoxe na Fonsagrada o Showcooking Cocina Autóctona, un novo proxecto que busca potenciar a comercialización e o consumo dos productos propios da provincia luguesa, ao tempo que favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico, nunhas xornadas gratuítas de cociña impartidas por chefs lugueses de gran prestixio.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro entre os que se tratará de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e a exclusividade dos productos autóctonos de cada zona para impulsar o sector.

Durante os meses de xaneiro e febreiro, cociñeiros cunha longa traxectoria impartirán en establecementos de toda a provincia 12 obradoiros prácticos, nos que os participantes aprenderán a cociñar variadas receitas tanto tradicionais como innovadoras.

Nas clases empregaranse productos autóctonos, principalmente aqueles que posúen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo provincial, e os ofertados na 1º plataforma de comercio electrónico da provincia, tamén posta en marcha pola Deputación: www.losproductosdelugo.com

Cociña de proximidade

A primeira xornada arrancará hoxe ás 18:00 horas, no Restaurante Cantábrico da Fonsagrada, o primeiro restaurante de España que cociña setas acollido ao Consello regulador da agricultura ecolóxica de Galicia.

A propietaria do restaurante e chef do mesmo, Eva Pérez, será a encargada de inaugurar o Showcooking Cocina Autóctona, que pretende mostrarlle aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente proveedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento xa que non é necesario un transporte excesivo.

Os participantes nesta sesión empregarán derivados do porco celta de Embutidos Buenavista da Fonsagrada; así como setas, produto característico da zona e deste establecemento, para cociñar segredo de porco celta e boletus a la llema. De postre, probarán o queixo do Cebreiro con marmelada caseira.

O vindeiro mércores, 21 de xaneiro, ás 18:00 horas, a xornada de cociña autóctona terá lugar no restaurante O Grelo de Monforte de Lemos. As 10 xornadas restantes impartiranse ao longo de xaneiro e febreiro noutros tantos establecementos de toda a provincia luguesa.

19 de xaneiro de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.