publicidade hoxe

O Showcooking Cociña Autóctona amosa en Cervantes a arte e os segredos da panadería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo leva este venres a San Román de Cervantes a terceira xornada do Showcooking Cociña Autóctona, o novo proxecto posto en marcha polo organismo provincial que busca potenciar a comercialización e o consumo dos productos propios da provincia luguesa, ao tempo que favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico.

A Panadería Ancares, a primeira da zona de Cervantes, acollerá esta cita, na que a mestra panadeira, María Jesusa, se encargará de amosarlle aos participantes a arte e os segredos da panadería que aprendeu durante os seus máis de 20 anos de experiencia. Coas mans na masa, María Jesusa ensinaralle aos asistentes a elaborar empanada de liscos e de mazá, así como rosca de Pascua. A esta masterclass precederalle unha conferencia a cargo do seu fillo, José Manuel Fernández Núñez, quen fará fincapé nos conceptos máis importantes que se deben ter en conta á hora de realizar calquera produto, tanto de panadería como de repostería. Como en todas as xornadas, os produtos cos que se elaborará o menú son de empresas da zona, co fin de axudar ao desenvolvemento da Comarca. Neste caso, Embutidos Campa subministrará a carne necesaria para o menú. Trátase dunha empresa, ao igual que a panadería, que conta coa marca de calidade da Deputación LugoSabe e que vende a través da plataforma de comercio electrónico da Deputación, www.losproductosdelugo.com

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, e o Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, participarán nesta iniciativa que pretende mostrarlle aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente provedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se tratará de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e a exclusividade dos productos autóctonos de cada zona para impulsar o sector. As clases, un total de 12 obradoiros, terán lugar entre este mes de xaneiro e o de febreiro, e serán impartidas por cociñeiros de gran prestixio.

30 de xaneiro de 2015 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.