publicidade hoxe

O Sergas asina o contrato para a construción dun centro de saúde en Buño

Sinatura do contrato

Sinatura do contrato

A directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Lourdes Vilachán Angueira, e o representante da empresa Construcciones Orega, SL, Santiago Ferreiro Pérez, asinaron hoxe no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, o contrato para a construción dun centro de saúde en Buño (Malpica), cofinanciado nun 50% por fondos do Estado, dentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable. O importe da obra é de 624.810 euros e o prazo de execución, 7 meses.O centro de saúde de Buño, que poderá atender a unha poboación de ao redor de 1.800 persoas e terá unha superficie construída de 524 metros cadrados, contará cun área médica con tres consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha sala polivalente e unha área de administración cun arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

15 de xaneiro de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.