publicidade hoxe

O programa da TVG “Aquí Galicia” emitirase o sábado dende Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

A Televisión de Galicia emitirá en directo o programa Aquí Galicia desde Vimianzo mañá sábado día 31 de xaneiro. A partir das 16.00 horas, e durante dúas horas e media de emisión, a Praza do Concello transformarase nunha festa con artistas locais e foráneos. Deste xeito, xunto coa actuación do grupo musical Sin Límite e da cantante de Mazaricos Tania Fuegho, poderemos ver sobre sobre o escenario, e na pantalla de televisión de toda Galicia os artistas locais Irma Maceiras, Jaime Lema, Rosa Oreiro e Suso Andrea, así como o grupo de baile tradicional Trubisquiña e os grupos de ballet galego Airiños do Río Grande e Foliada de Salto. Pero non só actuacións musicais haberá no programa; a colección da deseñadora de Berdoias que actualmente expón na Casa da Cultura, Noelia Pose, sairá da Sala de Exposicións Antón Mouzo para un desfile con modelos do concello. E outras sorpresas máis.

Desde o concello convidamos a todos os veciños e veciñas a achegarse a Vimianzo e gozar das actuacións en directo, xa que haberá unha carpa na Praza para evitar as inclemencias meteorolóxicas que nos acompañan estes días.

30 de xaneiro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.