publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, ve perigo de quebra de transmisión xeracional do galego aínda que cre que a situación non é de alarma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Ramón Villares

Ramón Villares

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, considerou que “hai perigo de quebra de transmisión xeracional” do idioma galego que pode ter “consecuencias a medio prazo negativas” aínda que considerou que a súa situación “non é de alerta nin de emerxencia”.

   Así se pronunciou nunha entrevista concedida a Radio Nacional España (RNE), recollida por Europa Press, na que destacou que, dado que en Galicia “existen dúas linguas” é necesario “articular medidas que permitan que isto non sexa conflitivo” e que “o galego non sexa prexudicado por ser unha lingua menor ou con menos falantes”.

   Con todo, pediu “non ser catastrofistas” e apostou por “ser un pouco coidadoso”. “O galego ten solución, vai ter futuro, pero o que pasa é que temos que cambiar o diagnóstico sobre o”, sinalou.

   Na súa situación, ao seu xuízo, combínanse uns efectos negativos da concepción ilustrada de que a lingua se protexe solo na escola”, cuns efectos a medio prazo da disolución da sociedade tradicional galega, a rural, que era a que realmente mantivo o idioma”.

   Para o presidente do Consello Cultura Galega a iso súmanse “unhas políticas públicas que foron acertadas no papel” como o Plan de Normalización Lingüística pero que “socialmente non foron ben asumidas”.

CAMPOS DE MELLORA

   Neste sentido, considerou que o campo para mellorar este diagnóstico está “na familia, na escola e nos medios de comunicación” pero “tamén na administración pública”.

   Ademais, mostrouse partidario de “retirar o galego do debate político” e que falalo “sexa algo natural, normal”. “Que se fale porque cre que é bo, que é propio, pero non porque se está a favor ou en contra”, argumentou.

   “O debate político ten que repensar a situación e as institucións tamén. Fixemos moitos informes, moitos pronunciamentos, pero resulta que iso non chega”, manifestou

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

   Por outra banda, cuestionado sobre as críticas formuladas dende diversos ámbitos á Real Academia Galega (RAG) pola decisión de dedicar o Día das Letras Galegas en 2015 a Xosé Filgueira Valverde polo seu pasado vinculado ao franquismo, Villares asegurou “non concordar con elas”.

   “Se temos que facer unha especie de alfándega ou de escrutinio sobre os comportamentos políticos, ideolóxicos ou relixiosos das persoas (…), hai que telo en conta, pero nas Letras Galegas o que vale é a obra”, defendeu.

   Ao respecto, asegurou que aínda que “non se pode negar que Filgueira Valverde foi alcalde” durante o franquismo avogou por aproveitar a ocasión para “debater e explicar mellor a complexidade deste réxime”.

   “Hai que ver a Filgueira como a moitos outros, proque moitas figuras da literatura galega tiñan unha biografía zizagueante, asi é a vida”, resolveu.

   Por último, cuestionado ao respecto, considerou “unha irresponsabilidade e unha falta de profesionalidade” que algúns docentes se neguen a dar a coñecer entre os alumnos a figura deste escritor.

4 de xaneiro de 2015 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.