publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O obradoiro de emprego conxunto de Verín e Vilardevós conclúe a rehabilitación da capela do San Antón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerínVilardevós
A-
A+

O obradoiro de emprego San Antón, concedido pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos de Verín e Vilardevós, finalizou na xornada de hoxe as actuacións de rehabilitación da capela de San Antón, acondicionamento do seu contorno natural e revalorización do patrimonio arqueolóxico da zona.

Este obradoiro, de seis meses de duración, tivo por obxecto a formación das 20 persoas participantes no mesmo así como favorecer a súa inserción laboral, ademais de ofertar a posibilidade da obtención do título de ESO ao/ás alumnos/as que non o posúan (estivo conformado por 9 alumnos/as de albanelaría, 6 de carpintería e 5 de xardinería). As principais actuacións realizadas centráronse na rehabilitación da capela do San Antón, así como na antiga escola de Berrande e nas áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas de A Granxa.

Na capela de San Antón a finalidade da actuación foi a rehabilitación da mesma, o acondicionamento da seu contorno, así como a revalorización do patrimonio artístico, cultural, arquitectónico e arqueolóxico existente na zona. Para acadar este cometido realizáronse diferentes actuacións sobre a edificación, realizadas polos módulos de carpintería e albanelaría como son o tratamento de parámetros, substitución da cuberta e preinstalación de electricidade e iluminación. O módulo de xardinería foi o encargado de acondicionar o contorno inmediato mediante o desbroce, limpeza,, pavimentación, colocación de bancos de pedra e valados.

Mentres que no referente á antiga escola de Berrande o obxecto primordial da intervención foi dotar a esta localidade do municipio de Vilardevós dun lugar de encontro, un centro social, que acade as condicións óptimas para o seu funcionamento, tratando de mellorar o desenvolvemento social de devandita localidade (mediante a mellora da rede de saneamento, colocación de novo pavimento, colación de portas e fiestras e adecuación de novos espazos).

Por outra banda, os/as alumnos/as do obradoiro de emprego San Antón tamén realizaron labores de mantemento das áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas de A Granxa, nas que se efectuaron actuacións de replantación de céspede e especies vexetais en mal estado, traballos de poda, mantemento dos pavimentos de xabre ou restauración de valado de madeira de zona infantil existente, entre outras.

15 de xaneiro de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.