publicidade hoxe

O libro “O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego” preséntase en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

Os autores do libro “O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego”, Emilio Carral e Xoán Carlos Carreira, presentan a súa obra en Teo o venres 6 de febreiro ás 20:00 horas. O acto, no salón de plenos da Casa do Concello, contará coa presenza do Concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, que presentará aos escritores.

A obra analiza a importancia da agricultura a pequena escala e tenta ser un punto de partida para explorar a súa existencia, importancia e eficiencia dende unha variedade de perspectivas. Trátase dunha visión sobre a agricultura nas pequenas explotacións e busca afondar nas súas condicións e nas estratexias desenvolvidas.

Aínda que parte das cuestións que se expoñen son coñecidas, como o estudo do minifundismo ou os rendementos das explotacións hai un enfoque novidoso no xeito de achegarse ás características do agro galego.

Os autores vén a importancia das pequenas explotacións dende un punto de vista ecolóxico, medioambiental, paisaxístico, demográfico, urbanístico e tamén económico. Aspectos imprescindibles para construír unha visión real do papel da agricultura familiar no século XXI.

O libro está publicado por Através Editora e pertence á colección Através das Ideias.

22 de xaneiro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.