publicidade hoxe

O Concello de Neda fixa o Festival Benéfico a favor de Parkinson para o día 24

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

A concelleira de Servizos Sociais, Leonor Canosa, avanzou esta mañá que o Festival Benéfico a favor de Parkinson Ferrolterra celebraráse o día 24 de xaneiro a partires das seis da tarde. Inicialmente, estaba previsto para o 6 de decembro, aínda que o repentino e triste pasamento de Andrés Pena, presidente da rondalla local Lucero del Alba, levou á organización a aprazar o evento. Mantense agora o emprazamento, na Casa da Cultura, e o prezo da entrada é de cinco euros, que se destinará integramente a soster a labor asistencial de Parkinson.

Organizado pola asociación, conta coa colaboración do Concello a través da Concellería de Servizos Sociais. Música, maxia e bo humor serán os principais ingredientes do festival. Así, intervirán no mesmo a formación local Los Zares e máis a rondalla Lucero del Alba. Xunto a eles, o mago Dani García ofrecerá o seu espectáculo ao público asistente, e Dani Ríos o seu mellor repertorio. Precisamente, o showman nedense será o encargado tamén de conducir a gala. O presidente de Parkinson Ferrolterra, Gerardo González, aproveitou a ocasión para animar á veciñanza a facerse socio da asociación. Para iso, tan só é preciso poñerse en contacto con esta a través do teléfono 981 35 95 93 ou do correo parkinsonferrol@yahoo.es.

8 de xaneiro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.