O Concello de Miño asina un convenio de colaboración coa Fundación SEUR
O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín e o representante na Coruña da Fundación SEUR, Carlos Martín Pacho, asinaron un convenio de colaboración para a promoción do proxecto “Tapóns para unha nova vida” destinado a recoller tapóns de plástico para a súa reciclaxe e co importe obtido axudar e auxiliar a menores en estado de necesidade por enfermidades non cubertas polos sistemas sanitarios ordinarios e, ademais, fomentar a participación activa no reciclado de residuos domiciliarios específicos, colaborando así na mellora do medio.
Os veciños e veciñas que desexen colaborar con esta iniciativa poderán entregar os seus tapóns no punto que o Concello ten habilitado para iso e que se encontra instalado na Casa Consistorial. Jesús Veiga indica que “o Concello de Miño se une a este proxecto solidario instaladando na planta baixa do Concello un punto de recollida para que todos os veciños do municipio poidan depositar os seus tapóns e colaborar con esta boa causa”.
Para o desenvolvemento do proxecto, a Fundación SEUR comprometeuse a transportar gratuitamente, e sen lucro de ningún tipo, todos os tapóns doados ata o centro loxístico que se designe, así como levar a cabo o control exacto da cantidade de tapóns, en quilos ou toneladas, entregouno á recicladora correspondente e o importe en euros das devanditas entregas.