publicidade hoxe

O Celta e a Fundación apoian o duatlón solidario “Luatlón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO GroveVigo
A-
A+
Presentación Luatlón

Presentación Luatlón

A Fundación Celta e o RC Celta, da man do persoal e o corpo técnico do primeiro equipo, mostraron esta mañá na Madroa o seu apoio á iniciativa do deportista Alberto Figueiro Romay, quen se atopa promocionando por toda España un duatlón en homenaxe ao seu irmán, Luís Miguel “Lú”, falecido por leucemia fai xa dous anos.

Os celestes departiron ao acabar o adestramento con Alberto Figueiro e, do mesmo xeito que na pasada edición, ofreceron o seu absoluto respaldo ao seu proxecto: a organización do evento deportivo “Lúatlon” o próximo día uno de febreiro en O Grove e a recaudación de fondos para a Asociación Española contra o Cancro. O pasado ano a proba popular contou coa presenza de 1000 participantes.

Para este segundo ‘Lúatlón’, Alberto Figueiro ademais de percorrer Galicia dando a coñecer esta especial homenaxe ao seu irmán, tratou de dar cobertura nacional á proba viaxando desde O Grove a Madrid, correndo e en bicicleta. Alberto asegura que o recordo do seu irmán dálle as forzas que require abordar tan esixente proba.

O “Lúatlón” de O Grove constará de tres modalidades, ademais dunha andaina de 4 quilómetros, todo iso pensado para que calquera poida participar independientemente da súa condición física. A recaudación deste evento será destinada á investigación para combater o cancro e ao apoio psicolóxico que necesitan as persoas que padecen esta enfermidade.

O persoal e o corpo técnico do Real Club Celta fotografáronse co deportista e intercambiaron camisetas celestes con outras de apoio á iniciativa. O Real Club Celta e o seu Fundación queren tamén expresar o seu apoio a este proxecto e desexarlle a Alberto Figueiro o maior dos éxitos neste evento solidario.

23 de xaneiro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.