publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Cedeira acolle domingo a función teatral “Carapuchiña no faiado”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Cedeira ofrecerá este domingo, 18 de xaneiro, a obra teatral “Carapuchiña no faiado”, a cargo da compañía Teatro del Andamio. A función, incluída na programación cultural do Concello, dará comezo ás seis e media da tarde, con entradas a 2,5 euros. Está dirixida ao público infantil e ás súas familias. “Carapuchiña no faiado” narra a historia de Lora e unha actriz que suben ao faiado para facer unha limpeza xeral, aínda que en cada rincón agóchanse unha morea de sorpresas. E, cando nun baúl atopan a Carapuchiña vermella, comeza o xogo. Historias de sempre que pasan de xeración en xeración e, ás veces, convírtense nalgo único e irrepetible. A obra está interpretada por Gema Ulloa e Nacho Martín, baixo a dirección de Tatiana Likhacheva.

16 de xaneiro de 2015 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.