publicidade hoxe

O Auditorio de Cedeira ofrece as “Historias dun ilusionista” a cargo do Mago Rafa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este domingo, 11 de xaneiro, o espectáculo “Historias dun ilusionista”, a cargo do Mago Rafa. Dirixida a todos os públicos, esta proposta cultural coa que o Concello inaugura a programación do ano 2015 celebraráse a partires das 18,30 horas con entradas a 2,5 euros. Trátase dun espectáculo, adicado ao público de entre 0 e 99 anos, que promete sorprender e facer rir da man de Rafa, un dos ilusionistas con máis proxección da Comunidade. Cos seus ingredientes preferidos, elegancia, ironía e presenza escénica, converterá en inesquecible esta tarde de domingo. Noventa minutos cheos de ilusións, risas, participación do público e unha coidada escenografía é o que espera aos espectadores neste espectáculo. Todo esto amenizado dunha selección musical que non deixará indiferente a ninguén.

9 de xaneiro de 2015 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.