publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Novas actividades na biblioteca de Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

A Biblioteca de Muxía comeza co seu programa de actividades para os vindeiros meses.

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Muxía, afróntase o compromiso de dinamizar o espazo da Biblioteca Municipal, e para elo estase levando a cabo unha reordenación do espazo, catalogación dixital de fondos e organización de actividades.

A primeira actividade”CONTOS DO MUNDO:CONTOS DE VENEZUELA” terá lugar este venres, 23 de xaneiro ás  17:30 horas , con Mariluz Varela. Este programa traerá ata a Biblioteca persoas inmigrantes que residen no municipio muxián ou no contorno, para contar un conto do seu país e falar das costumes do mesmo. Preténdese con este programa de Contos do Mundo colaborar coa integración das persoas inmigrantes , facilitar o contacto dos nenos e nenas con outras culturas, e ao tempo, atraer ao público á biblioteca e a lectura.

A semana que ven comezará a “semana da ilustración”, para conmemorar o aniversario do nacemento de Castelao.Na biblioteca instalaráse unha mostra de ilustracións de Castelao a partir do martes 27 de xaneiro, e o xoves, 29 de xaneiro terá lugar o obradoiro “DEBUXANDO CON CASTELAO” , para nenas e nenos de primaria e para o que é necesario inscribirse previamente na biblioteca municipal, xa que as prazas son limitadas) ( tf. 981 74 25 63)

O horario da Biblioteca Municipal é de martes a venres de 15:30 a 20:00 horas.

21 de xaneiro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.