publicidade hoxe

Medio Ambiente conclúe os traballos de conservación fluvial no río Barragán en Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar os traballos de conservación fluvial, no Concello de Pazos de Borbén, concretamente ao seu paso polas parroquias de Moscoso e Xunqueiras.

As tarefas consistiron na retirada de árbores e ramas caídas que puideran provocar episodios de asolagamentos en momentos de chuvia intensa neste río pertencente á conca do río Oitavén, na zona hidrográfica Galicia Sur.

En total actuouse en máis de medio quilómetro (660 metros) de curso fluvial e Augas de Galicia no lugares de Costa de Xorxe e Muíño de Barragán. Nas imaxes pode apreciarse o estado do curso fluvial antes e despois da execución dos traballos:

Estas accións están enmarcadas no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia está a desenvolver.

1 de xaneiro de 2015 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.