Gañadores da campaña da Asociación de Empresarios de Muimenta
A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informa:
Entre os pasados 1 de decembro e o 5 de xaneiro, tivo lugar a VI Mercado de Nadal – 2.014 que a Asociación de Empresarios organizou en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo.
O premio gordo da lotería de reis foi 55.487 e os dez negocios que repartiron as papeletas rematadas en 487 foron:
Perruquería Ofelia – 0.487
Dulcería Anllo – 1.487
Mercería Teresa García – 2.487
Marquel – 3.487
Super Setti – 4.487
Perruquería Raquel – 5.487
Talleres Morán – 6.487
Desexos – 7.487
Farmacia Crecente – 8.487
Panadería Hermo – 9.487
Os agraciados teñen que poñerse en contacto, antes de final deste mes, cos negocios que repartiron as papeletas gañadoras ou cos membros das Xunta Directiva para facer efectivo os correspondentes vales.
Os dez premios han de gastarse antes do mes (dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta, e que en total suman mil euros (1.000,00 €).
En dita campaña colaborou a Deputación Provincial de Lugo.