publicidade hoxe

Frades recibe un tractor e unha furgoneta adquiridos pola Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFrades
A-
A+
Diego Calvo na entrega de vehículos

Diego Calvo na entrega de vehículos

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou hoxe o Concello de Frades para facer entrega ao seu alcalde, Roberto Rey, de dous vehículos adquiridos pola institución provincial para o mantemento do municipio.

En concreto, a Deputación adquiriu un tractor por valor de 92.000 euros que permitirá substituír o que ata o de agora utilizaban os traballadores municipais e que superaba xa os 16 anos de antigüidade.

Doutra banda, cunha partida de 25.000 euros, tamén se comprou unha furgoneta que permitirá tanto o traslado do persoal como de material entre as doce parroquias que compoñen o municipio de Frades.

Deste xeito, a Deputación da Coruña da resposta a unha demanda trasladada polo seu alcalde ao presidente do organismo provincial. Nunha reunión posterior entre o grupo do goberno municipal e o presidente da Deputación, Roberto Rey agradeceulle a Diego Calvo o apoio recibido para estes investimentos e aproveitou para presentarlle novas necesidades do municipio en materia de infraestruturas, como a construción de sendas peonís en estradas de titularidade provincial.

Máis de 510.800 euros en plans provinciais

A compra destes vehículos non é o único apoio que recibe Frades por parte da Deputación. Tamén a petición do rexedor, fíxose unha achega de 32.955 euros para a compra de dispositivos de suxeición dos seus colectores de lixo.

Frades conta cuns 300 colectores distribuídos polo municipio, moitos dos cales sofren deterioros polas condicións meteorolóxicas. Para evitalo, se recorre a estes elementos de suxeición.

O concello percibe tamén achegas correspondentes ao POS 2015 (194.972,80euros) e ao DTC93 (132.114,13 euros), pero e que, ademais, este ano percibirá outros 183.764,73 euros grazas a novo plan provincial creado nestes orzamentos pola Deputación da Coruña, o PAI (Plan de Aforro e Investimentos), que contribuirá a que este ano a débeda bancaria do Concello quede a cero.

21 de xaneiro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.