publicidade hoxe

Festas na honra a San Amaro no lugar de Proendos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coas Festas na honra a San Amaro que esta fin de semana se celebran en Proendos.

O sábado día 17 ás nove e cuarto da mañá levarase a cabo a tirada de doce bombas de palenque. Ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación sesión vermú a cargo da Banda de Música Municipal de Sober.

Ás 18:30 horas o Grupo Clave de Fado ofrecerá un concerto no interior da Igrexa de Proendos e ás 19:30 horas dará comezo a festa amenizada pola Orquestra Los Player’s.

Como é tradición, ás 21:15 horas farase a tirada do folión desde o Alto de San Cristovo.

Domingo 18

O domingo día 18 ás 9:15 horas volveranse tirar doce bombas de palenque. Ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne cantada pola soprano Ángela Casado acompañada polo pianista Nemesio Gutiérrez.

De seguido, haberá sesión vermú a cargo da Banda de Música Municipal de Sober

15 de xaneiro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.