publicidade hoxe

Curtis repartirá 1.700 euros en premios no concurso de disfraces Entroido 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Curtis celebrará a súa gran festa de Entroido 2015 o martes 17 de febreiro, festivo local, co tradicional concurso de disfraces convocado polo Concello, que se celebrará no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis e no Pavillón Municipal de Teixeiro, en ambos os dous núcleos a partir das 17.00 horas. Ademais do desfile, ese día organizaranse outras actividades como talleres de maquillaxe e globoflexia.

O Concello curtiense repartirá entre os participantes un total de 1.700 euros en premios, que serán vales de compra que poderán cambiar nos establecementos do municipio, tanto en comercios coma en locais de hostalaría.

Para participar no concurso será obrigatorio inscribirse previamente na casa consistorial ou nas oficinas municipais de Curtis antes do 12 de febreiro. As persoas que se inscriban antes recibirán un regalo.

As bases do concurso (dispoñibles no Concello e na web municipal), establece a participación diferenciada para menores de 16 anos e para maiores desa idade, con premios para os grupos e para os disfraces individuais

27 de xaneiro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.