publicidade hoxe

Crecente está a investir 24.200 euros no acondicionamento do sendeiro de pescadores do río Ribadil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecenteLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Crecente para analizar coa alcaldesa da localidade, Marisol Gómez, a nova subvención da Consellería de Medio Ambiente que permitirá continuar coa mellora e acondicionamento do sendeiro de pescadores do río Ribail.

Deste xeito, Cores Tourís asegurou que o municipio executará obras de mellora neste sendeiro, para o que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aportará unha axuda global de 19.997 euros, dentro das axudas destinadas a concellos da Rede Natura. O concello de A Lama aportará o 21% correspondente ao IVE da obra, co que o investimento global roldará os 24.200 euros.

O delegado territorial destacou que estas subvencións veñen a ratificar “o compromiso do Goberno galego coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais en Galicia e, en concreto, na provincia de Pontevedra, unha das que conta con maior número de concellos acollidos a estas axudas, en concreto 30, investiranse case 676.000 euros en diversos proxectos se temos en conta non só a axuda destinada pola Xunta de Galicia para estes municipios senón tamén a IVE que eles asumen”.

Segundo explicou, estas subvencións estanse a destinar nos concellos da provincia a tarefas de mellora da paisaxe, como a limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos; a manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.

“O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é dar resposta a estes obxectivos fomentando e aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras”, engadiu Cores Tourís, quen matizou que “estas actuacións están dirixidas”, asegurou Cores Tourís, “a contribuír a biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que compre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia”.

Cores Tourís destacou que dende a administración autonómica continuarase a perseverar no coidado da natureza. “Queremos aproveitar o atractivo económico e turístico que hai detrás da conservación da natureza. Esta é a nosa meta, ordenar e mellorar o noso entorno”.
En relación ao proxecto que está a realizar o concello de Crecente, a alcaldesa matizou que o obxectivo dos traballos están a ser labores de limpeza e acondicionamento da beira do río a través dun sendeiro que conta con catro quilómetros de lonxitude. “Ademais, estamos pendentes de levar a cabo pasarelas de madeira para o disfrute deste entorno por parte dos veciños e visitantes”, engadiu Marisol Gómez, quen explicou que este sendeiro enlaza co concello de A Cañiza onde, a través da mesma axuda da Consellería de Medio Ambiente, tamén se está a executar unha mellora e adecuación do camiño que circula por ese municipio.

14 de xaneiro de 2015 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.