publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Covelo mellora a rede de sumidoiros coas axudas do Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoveloPontevedra
A-
A+
Rueda e Tourís en Covelo

Rueda e Tourís en Covelo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou no concello pontevedrés de Covelo as obras realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, cuxa subvención en 2014 foi de máis 83.000 euros cos que se mellorou o servizo de recollida, eliminación e tratamento de residuos e se ampliou a rede de sumidoiros de Baldomar, na parroquia de Santa Mariña.

Na visita tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e o alcalde da localidade, Juan Pablo Castillo. Rueda lembrou que o Fondo procede do canon eólico e leva xa cinco anos beneficiando aos concellos galegos con explotacións eólicas a través de pequenas obras, pero moi necesarias para acceder a servizos que antes non existían.

Así mesmo, destacou que tamén representa un beneficio para os seus cidadáns, xa que subvencionan iniciativas de mellora do entorno e conservación do medio ambiente; e contribúe ao reequilibrio territorial, posto que a meirande parte dos beneficiarios son concellos pequenos e do interior, como é o caso de Covelo. O ano pasado o FCA destinou 8,7 millóns de euros a través das súas liñas de concorrencia competitiva e non competitiva.

Ampliación da rede de sumidoiros

Rueda, Tourís e Castillo visitaron as obras de ampliación da rede de sumidoiros de Baldomar, que consistiron na instalación de un quilómetro de nova rede de saneamento e conexión a vivendas coa total reposición da vía de rodadura.

O vicepresidente explicou que desde o inicio do FCA Covelo recibiu ao redor de medio millón de euros destas axudas; un diñeiro co que se empregou na mellora da rede de abastecemento de auga en Rebordechán, na parroquia da Graña; a ampliación da rede de sumidoiros nas Óseas e Baldomar; a mellora da recollida de residuos e a adquisición dun vehículo destinado a traballos ambientais; entre outras iniciativas.

12 de xaneiro de 2015 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.