publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Coro Piñeiro visita os centros de maiores e de discapacidade da Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoViveiro
A-
A+

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, percorreu hoxe diversos centros de maiores e de discapacidade da Mariña para pulsar a súa realidade cunha perspectiva global que permita posteriores actuacións, se fose necesario. En concreto, mantivo un encontro cos directores, traballadores e cos usuarios da residencia de maiores de Viveiro, do centro de Alzheimer e do centro ocupacional e de día de Aspanane en Viveiro, e a residencia de maiores e o centro ocupacional e de día de ‘Eu Son’ en Burela.

A secretaria xeral está a realizar unha rolda de visitas aos centros residenciais públicos de Galicia co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vencelladas aos mesmos, tanto no plano material, como persoal, ou de recursos humanos.

A dependencia é unha prioridade para o Goberno galego. En concreto, en 2014 a Consellería de Traballo e Benestar destinou na Mariña máis de 4 millóns de euros para o mantemento de 355 prazas de maiores e de Alzheimer; e 1,4 millóns de euros para máis de 130 prazas de discapacidade.

Ademais, tal e como reflicten os orzamentos de 2015, a Xunta destinan este ano case 300 millóns de euros á atención á dependencia en Galicia, o que supón un incremento de 20 millóns de euros con respecto a este ano. Trátase, un ano máis, da partida que concentra o maior esforzo orzamentario da Consellería de Traballo.

23 de xaneiro de 2015 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.