publicidade hoxe

Cores Tourís anuncia a recepción da senda peoníl sobre o Río Chaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPortas
A-
A+
Cores Tourís na visita a Portas

Cores Tourís na visita a Portas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Portas para anuncia a recepción por parte deste municipio da senda peonil sobre o río Chaín executada por un importe de 176.660 euros.

Na visita a senda estivo acompañado polo alcalde da localidade, Roberto Vázquez, así como polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez.

Esta senda da continuidade a un camiño xa existente e une os concellos de Portas e o de Caldas de Reis. “O camiño, anteriormente, remataba á altura deste río”, explicou Cores Tourís, “pero grazas a esta actuación, logramos unir ambas poboacións e mellorar a seguridade viaria, posto que a distancia entre os dous concellos é moi pequena, o que provoca numerosos desprazamentos peonís entre ambos os municipios”.

A construción desta infraestrutura supuxo unha evidente mellora da calidade de vida dos cidadáns, evitando perigos innecesarios nos seus traslados desde un concello a outro. Así mesmo, a vía separase fisicamente da estrada, a partir dunha mediana.

A lonxitude da senda, executada en madeira, é duns 350 metros. “Os primeiros 50 metros antes da pasarela e os 80 seguintes á senda están executados por unha plataforma de madeira suspendida uns metros sobre o chan e sustentada por medio dunha estrutura taménn de madeira composta por pilotes cravados no chan formando pórticos paralelos”, explicou Cores Tourís.

O lugar onde se desenvolveron as obras é unha zona de grande importancia para os habitantes de Portas, xa que os veciños realizan numerosos desprazamentos polo lugar.

Leváronse tamén a cabo melloras nas marxes e recuperación dos contornos degradados co fin de restablecer as condicións naturais do río, integrándoas no seu contorno e protexendo a poboación das posibles enchentes.

Esta obra tamén promoveu a mellora do entorno, contribuído ao obxectivo de sostibilidade e protección medioambiental.

30 de xaneiro de 2015 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.