publicidade hoxe

Comezan os primeiros obradoiros TIC nos centros de asesoramento tecnolóxico de Lugo, Viveiro e Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugoMonforte de LemosViveiro
A-
A+

A Deputación empeza a impartir este xoves nos centros de asesoramento tecnolóxico gratuíto que abriu o pasado luns en Lugo, Viveiro e Monforte os primeiros obradoiros para mostrarlle as novas ferramentas e aplicacións tecnolóxicas tanto aos cidadáns como ás empresas e autónomos da provincia. Non obstante, o prazo de inscrición segue aberto, e os interesados poden reservar unha praza ben presencialmente nos centros de Lugo (rúa Frei Plácido Rei Lemos), Viveiro (Avenida de Cantarrana, 6) e Monforte (rúa Escultor Francisco Moure, 17); ou ben chamando ao número de teléfono 982.28.46.67. Tamén poden anotarse a través dos enderezos electrónicos transformatic.lugo@deputacionlugo.org, transformatic.viveiro@deputacionlugo.org e transformatic.monforte@deputacionlugo.org

Os obradoiros que comezan hoxe orientados aos cidadáns levan como título Ferramentas de comunicación 2.0  e Realiza a túa compra por Internet de maneira sinxela e segura, que terán lugar nos centros de asesoramento de Lugo e Viveiro, respectivamente.

Ferramentas de comunicación 2.0 desenvolverase tamén en Viveiro mañá venres e en Monforte o vindeiro luns. Pola súa banda, o centro de Monforte e o de Lugo acollerán o obradoiro Realiza a túa compra por Internet de maneira sinxela e segura mañá venres e o próximo luns, respectivamente.  O curso Ferramentas de almacenamento na nube dedicado a todos os colectivos arrancará hoxe en Monforte, mañá en Lugo e o luns en Viveiro. Todos os talleres terán lugar de 16:30 a 18:30 horas.

Asesoramento individualizado e gratuíto

Paralelamente a estas actividades de formación, nos centros de asesoramento en Lugo, Viveiro e Monforte, a Deputación ofrece a todas as PEMES e autónomos da provincia asesoramento individualizado e gratuíto para mellorar os seus negocios a través das novas tecnoloxías

15 de xaneiro de 2015 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.