publicidade hoxe

Comezan as obras de pavimentación das rúas As Neves e Esqueiro Os Petóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+
Unha das vías na que se acometerán traballos de pavimentación

Unha das vías na que se acometerán traballos de pavimentación

Xa están en marcha as dúas actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) do 2014 no municipio de Malpica de Bergantiños. Onte comezaron os traballos de pavimentación das rúas As Neves (tramo 2) e Esqueiro Os Petóns (tramo 1), en Seaia, que teñen un orzamento de 66.010 euros. Ata alí desprazáronse o alcalde, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro de Obras, Miguel Fernández Mirás, para facer un seguimento das obras.

O outro proxecto incluído no plan que financia a Deputación Provincial da Coruña é o de reforma e adaptación do parque infantil de Malpica, que está xa moi avanzado. As obras consisten na reforma do parque para adaptalo á normativa actual sobre parques infantís, a eliminación de elementos construtivos que poden supoñer certo risco para os usuarios (bordillos, gradas, bancos de fábrica…), a reposición de pavimentos, a substitución da fonte, a reforma dos aseos e a organización das zonas de xogos por idades. Neste sentido, os que poidan ser reutilizados serán restaurados e no resto dos casos colocaranse xogos novos. Ademais, o parque será dotado con mobiliario novo. O orzamento é de 99.792,78 euros.

15 de xaneiro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.