publicidade hoxe

Comeza un curso de informática para maiores en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Participantes no curso de informática

Participantes no curso de informática

O Concello de Cerdedo a través da Asociación de Mulleres Rurais Nos Mesmas celebra estes días o curso de iniciación á informática de 30 horas de duración. O curso foi concedido a esta asociación a través do programa ” Ti tamén contas”. Asisten un total de 15 maiores do noso concello e celébrase os luns de 18 a 20.30 horas no Centro Cultural de Cerdedo.

Con esta acción formativa preténdese achegar o colectivo dos maiores á informática, ben como primeiro uso ou ben para recordar conceptos que tiñan esquecidos. Tamén se pretende achegalos a internet, ferramenta básica hoxe en día co claro obxectivo de mellorar a calidade de vida dos administrados.

27 de xaneiro de 2015 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.