publicidade hoxe

Comeza a tempada do piragüismo galego cunha regata en Pontevedra e outra en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasDeportesPontevedra
A-
A+

Unha regata en Pontevedra e outra en Cabanas marcan o inicio da tempada do piragüismo galego no referente á participación dos deportistas. Competirán en todas as categorías e ambas as dúas teñen un carácter amigable. Espérase unha participación de máis de cincocentos padexeiros entre as dúas probas.

O sábado, a partir das dez e media no río Lérez, será a primeira regata destinada ás categorías de cadetes, xuvenís, sénior e veteranos. Á cita acudirán a maior parte dos equipos da provincia de Pontevedra e serviralles para comprobar o estado de forma dos seus padexeiros.

Os benxamíns, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís, sénior e veteranos terán unha cita en Cabanas (Ferrol), nunha regata de carácter amigable que contará cunha elevada participación. Tanto en Cabanas coma en Ferrol a distancia a percorrer será de 8.000 metros.

15 de xaneiro de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.