publicidade hoxe

Cerdedo recibe da Deputación de Pontevedra unha subvención de 10.500 € para a programación cultural anual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

“Dende o Concello solicitamos un ano máis a colaboración do organismo provincial para programar un ambicioso proxecto de actividades lúdicas, de ocio e culturais para ocupar os espazos de ocio e tempo libre que teñen os nososveciños e equiparalos coas actividades que poden realizar nas grandes ciudades, de ahí que dende un parde anos en Cerdedo poidamosdisfutar das mellores obras de teatro, actuaciónsmusicais, contacontos, maxia, etc…Estamos pois en situación de poder afirmar que a participación delas constitúe un aspecto fundamental na vida das persoas, non só porque ocupa unha parte importante na vida cotiá, senón porque a súa forma de utilización condiciona o grao de benestar e satisfacción. No tempo que realizamos actividades esenciais para o nosodesenvolvemento personal e social, relacionándonos con outraspersoas, intercambiando experiencias e sentimentos, desenvolvendo a creatividade, etc.” Declara o Alcalde.

É por todo isto que as institucións públicas debemos de facer un esforzo e poñer a disposición destes colectivos diferentes equipamentos para actividades de ocio e tempo libre, que faciliten espacios de encontrosabertos e multiculturais. Destexeito as institucións convérsense nunca fonte de recursos da intervención sociocultural.O CONCELLO DE CERDEDOvendesenvolvendounha intensa actividade cultural ó longo de todos os anos, pero que se veu incrementada dende o ano 2010 coa inauguración do CENTRO CULTURAL DE CERDEDO, ofrecendounha programación ampla e variada pensada para todos os públicos, acollendo exitosas obras de teatro, concertos de música de distintos tipos (música tradicional, folclore, instrumental, …, espectáculos de animación, cine, exposicións,… esperando destexeito cubrir as expectativas culturais de todos os veciños do nosoconcello e de todos aqueles que aquí se queiranachegar e aumentar así a calidade de vida dos administrados.

O Concello de Cerdedo, leva varios anos programando e implementando distintas actividades de carácter social, cultural e formativo, tanto de xeito particular como en colaboración con outrasasociacións do término municipal, como pode ser a Asociación Deportiva Cerdedo F.S., a Asociación de Mulleres Rurais Nos Mesmas, a Asociación Espadela, a Asociación Cultural Cerdedo Ecce-Homo, a Asociación Cultural Eira da Pena, etc…

Os fins que se perseguendende este Concello son os de promover e facilitar a práctica e a promoción das actividades culturaisnapoboación do Municipio de Cerdedo, para eso, varias veces ó ano, organízanse distintas actividades como por exemplo: obras de teatro para cativos, obras de teatro cómicas, monólogos, actuaciónsmusicais a cargo de bandas, solistas, grupos; conferencias acerca dos temas de actualidade, sobre a promoción do emprego, desenvolvemento da muller, programas da Unión Europea, celebración de días temáticos e un largo etcétera, que se engloban no denominado PLAN CULTURAL DE CERDEDO.

Con esta gran variedade de actividades conseguimos a participación da maioría dos veciños do Concello nasmesmas, ocupando así os ratos de ocio e tempo libre dos nososcidadáns, e equiparándoos cosveciños das grandes vilas. Ademáis coa recente creación do Consorcio Local Conca do Lérez e que agrupa ósconcellos de Campolameiro, Cerdedo e Cotobade, estas actividades culturaisvense reforzadas e aumenta considerablemente a participación, xa que un dos convenios de colaboración asinados entre estesconcellos é precisamente para favorecer a participación dos veciños dos concellos afectados nas distintas actividades de ocio que os mesmos organicen, aumentando así o número de posibles beneficiarios ós 10.000 habitantes, cantidade á cal aindalletemos que engadir a poboación do Concello de A Estrada, xa que os veciñosdestavilaacércanse a menudo ó noso Centro Cultural a disfrutar das actividades culturais, xa que unha parte importante de obras de teatro son a cargo de compañías estradenses.

Naactualidade os pequenosconcellos, atopámonosnunha situación económica moi precaria, motivo polo cal, énos imposible manter estas actividades de non contar coas axudas dese organismo provincial.

Como dixemos con anterioridade, dende o ano 2010 o Concello deu un importante paso, xa que se construeu no núcleo un gran Centro Cultural que conta con biblioteca, sala de reunións, sala de exposicións, aula de informática, museo e auditorio con capacidade para 250 persoas. Este moderno e novedoso centro está sendo un dos referentes na provincia en materia de actividades culturais e contacunhaampla e variada programación, implementándose así novas actividades para os veciños, e incluso creouseunhaescola de teatro, a continuación amósase a programación prevista para o ano 2015, baixoo lema “MAIS CULTURA”:

-TEATRO

As actividades teatraisxa son recoñecidas entre as nosasxentes e preténdese continuar con esta tradición, con obras axeitadas a todos os públicos, cheas de humor e diversión no que o público asistente poida pasar una tarde entretida. Contrataríase o longo de todo o ano 10 obras de teatro, 6 cómicas para todos os públicos e 4 orientadas sobre todo ó público infantil.Ademáis dende o Concello,promoveuse a creación dun grupo de teatro afeccionado e realizaremos un taller de teatro para adultos e outro para cativos debido ó auxe que esta actividade ten no nosoconcello. Este taller será impartido por profesionais do sector e representarán as súas propias obras.

-MÚSICA

Xa realizamos diversas actividades de concertos de saxos, bandas de música etc..quemanteremos de xeito periódico ao longo de todo o ano. Destacar tamén a recente creación da Escola de Música de Cerdedo que cada ano atrae a máis mozos e contacunha gran repercusión no municipio e atrae a centenares de veciñosnasactuacións que realizan.

31 de xaneiro de 2015 | 10:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.