publicidade hoxe

Cerdedo prepara o proxecto de actividades culturais para a anualidade 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Nestes días o equipode goberno encabezado por José Balseiros, centra os seus esforzos en redactar o ambicioso proxecto de actividades culturais e de ocio para ser presentado persoalmente aos máximos representantes do organismo provincial e xustificar así a necesidade destas actividades que melloran a calidade de vida de nosos administrados.

“Trátase de buscar unha programación que atraia o maior número posible de veciños e que as actividades se adapten a calquera perfil. Dividimos o programa de actividades nas proxeccións de cine, obras de teatro e actuacións musicais intentando que cada trimestre haxa actuacións de todos os tipos. Con este programa contribuímos ao desenvolvemento social e cultural do Concello inculcando valores e hábitos saudables para ocupar os anacos de ocio dos nosos veciños” declara o Alcalde.

O Concello presentará un proxecto para toda a anualidade 2015 que roldará os 12.000 € que espera que sexa subvencionado na súa totalidade polo ente provincial. A maior parte destas actuacións realizaranse no Centro Cultural de Cerdedo, un moderno e funcional recinto especializado para as actividades tanto teatrais coma musicais.

As actividades dividiranse en:

. Difusión cultural favorecedoras de extensión e divulgación da cultura: proxeccións de cine, representacións teatrais, música, folclore, etc…

. Artísticas, favorecedoras da creatividade e da iniciativa cultural: creacións literarias, concursos literarios, etc…

. Lúdicas: verán cultural, actuacións pallasos, magos, etc…

. Formativas para promover a educación de valores, tales como ciclos teatrais, ciclos culturais, conferencias, etc…

Ademais de todas estas actividades dende o Concello seguirase promovendo os novos grupos culturais existentes, como pode ser o grupo de teatro aficionado e a recentemente creada escola de música municipal. Sería un orgullo para todos os veciños de Cerdedo que finalmente se puidese crear unha banda de música e que actuase tanto no noso Concello como fóra deste levando o nome de Cerdedo a todos os cantos; así como o grupo de teatro esperamos que que siga avanzando e sigan realizandoesas magníficas actuacións. Destacar que as actuacións destes dous grupos culturais foron das actividades que máis público levaron ás bancadas do auditorio enchéndoo de forma total o mesmo, por iso dende esta institución seguirémolos apoiando na medida das nosas posibilidades, declara o rexedor local.

Cipriano de Bequelar

Por outra banda, este domingo 11 de xaneiro ás 17,30 horas grande actuación teatral coa obra “Cipriano de Bequelar” da compañía O Aturuxo de Melpomene no Centro Cultural de Cerdedo. Unha historia que mestura o amor coa morte. O evento, programado en sintonía co departamento de Cultura do Concello de Cerdedo, está escrito por Leandro Lamas e levado aos escenarios pola compañía O Aturuxo de Melpómene. A historia escenifica o retorno dun emigrante que vivía en París e que regresaba ao seu país con aires de grandeza, esperando que se lle recibise como a un gran poeta.

9 de xaneiro de 2015 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.