publicidade hoxe

Cerdedo intensifica o plan de viabilidade invernal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Limpeza de cunetas

Limpeza de cunetas

O equipo de goberno do Concello de Cerdedo encabezado polo seu Alcalde, José Balseiros, intensifica coa súa brigada de operarios os traballos que recolle o plan de viabilidade invernal deseñado por primeira vez na anualidade 2014.

O obxecto do plan é recoller os procedementos para a execución dos traballos de atención á vialidade invernal da rede de estradas de titularidade local do Concello de Cerdedo. Tras o primeiro paso deste plan que consistiu na zonificación do territorio en función do risco meteorolóxico, establecéronse as épocas de maior risco nas cales nos encontramos nestes momentos. Por tal motivo, estase a proceder á limpeza das cunetas con medios manuais e mecánicos nas 3 zonas de risco segundo os días de xeadas históricos e o número de saídas de vía, establecendo risco alto, medio e baixo.

Tamén está a ser importante o esparcimento de sal mariño para repartir polas vías segundo as xeadas, tarefa que se realiza co esparexedor de sal enganchado ao Patrol de Protección Civil. Dende o Concello agradécese a colaboración cidadá e que se nos indiquen todos aqueles puntos das vías municipais que poida considerarse perigosos para analizalos e incluílos nos plans de seguridade vial.

20 de xaneiro de 2015 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.