publicidade hoxe

Cedeira ultima as obras de ampliación e mellora do parque infantil da praza do Sagrado Corazón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira, a través da Concellería de Obras, prevé que nenos e nenas poidan comezar a utilizar de novo o parque infantil da praza do Sagrado Corazón a próxima semana. Será despois de que rematen as obras de ampliación e mellora destas instalacións que, nos últimos tempos, se estaban a quedar pequenas para dar resposta á demanda.

Deste xeito, o concelleiro de área, Alfredo Vilela, explicaba que o Concello decidía manter todos aqueles elementos que cumplían coa normativa e engadir outros para ampliar as posibilidades de xogo dos máis pequenos da casa. Nesta liña, os operarios ultiman o remate dos traballos, unha vez instalados xa os novos xogos –unha gran infraestructura para trepar e un aparato multifuncional con circuito e pasarela- e ampliada a área que ocupa o parque. A actuación está orzamentada en 21.453 euros, que se financian con fondos propios municipais.

28 de xaneiro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.