publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Buscan en Ortigueira a un octoxenario desaparecido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueiraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 87 anos veciño do municipio de Ortigueira (A Coruña), do lugar do Padornelo, na parroquia do Ermo, falta do seu domicilio dende primeira hora da tarde deste domingo.

A pista deste octoxenario perdeuse sobre as 15,00 horas do domingo, segundo informaron fontes do dispositivo de busca. O home ten certos problemas de mobilidade e tamén algo de demencia.

Tras decatarse da ausencia activouse un dispositivo de busca no que participan efectivos da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e integrantes do GES de Ortigueira. Ademais, familiares, amigos e veciños tamén colaboran nas tarefas.

26 de xaneiro de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.