publicidade hoxe

Brais Méndez e Pape Cheikh participarán na XLI Copa do Atllántico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

O duro traballo diario nas instalacións da Madroa continúa dando os seus froitos, máis alá dos resultados puntuais de cada equipo. O empeño do club e a Fundación na formación de xogadores, na potenciación e mellora das súas calidades, e o apoio decidido da afección permiten á canteira celeste seguir sendo un referente en toda España, con numerosos recoñecementos e un amplo reflexo nas categorías inferiores da Selección Española.

Ese arduo traballo invisible, fonte de grandes satisfaccións nos últimos anos para o celtismo, depara hoxe de novo boas noticias para a canteira e a afección. O seleccionador nacional sub-18 convocou dous xogadores do Real Club Celta para a prestixiosa Copa do Atlántico, Torneo internacional que celebra o próximo mes de febreiro a súa XLI edición. Os canteranos do Real Club Celta que participarán neste trofeo son Brais Méndez e Pape Cheikh, quen debuta como internacional e eleva a máis que notable cifra de novos talentos celestes convocados polas distintas seleccións nacionais nos últimos anos.

O bo traballo desenvolvido na Madroa, co respaldo inquebrantable do club, a Fundación e a afección celestes, vese reflectidos unha vez máis coa convocatoria de dous xogadores para o Torneo, que nas últimas tres edicións contara unicamente coa participación dun xogador do Celta.

O 3 de febreiro, xornada inaugural do torneo, a Selección sub-18 enfrontarase a Costa Rica no campo municipal do Maspalomas. Ao día seguinte, o mércores 4, ás 18:30 horas, a sub-18 española medirase á autonómica canaria no Campo Alfonso Silva. Por último, o venres 6 de febreiro e nese mesmo estadio, España xogará ante Portugal ás 18:30 horas.

27 de xaneiro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.