publicidade hoxe

As obras para mellorar a travesía urbana no núcleo de Vilasantar-Raposeiras serán licitadas en 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaVilasantar
A-
A+
Ethel Vázquez na sinatura do convenio en Vilasantar

Ethel Vázquez na sinatura do convenio en Vilasantar

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas prevé licitar ao longo deste ano 2015 as obras de mellora na travesía urbana no núcleo de Vilasantar-Raposeiras na estrada AC-194, que dá acceso ao núcleo urbano de Vilasantar.

Así o indicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, logo de asinar un protocolo co alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez Fernández, co obxectivo de sentar as bases da futura colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilasantar, para o desenvolvemento de actuacións na travesía urbana da AC-194, xa que coa construción da variante AC-840, a antiga AC-194 converteuse nun acceso ao núcleo urbano deste concello.

A conselleira salientou que será necesario adaptar as beirarrúas e cruces a persoas con mobilidade reducida, establecendo unha axeitada comunicación peonil ao longo desta travesía para poder transferir este treito ao Concello.

Co protocolo asinado esta mañá, buscase acelerar no posible a realización destas obras, xa que mellorará a calidade de vida dos 1.400 habitantes deste municipio. Así, no convenio de colaboración específico sinalarase que o Concello de Vilasantar conseguirá os permisos e autorizacións necesarios para a execución das obras; mentres que a Xunta licitará, adxudicará e xestionará os contratos de obra e servizo necesarios para a execución das actuacións obxecto deste acordo. A previsión é contar co proxecto redactado no segundo trimestre deste ano. Ao remate das obras, este treito urbano será transferido á Administración local.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que esta nova actuación enmárcanse nun dos obxectivos fundamentais do Goberno galego, continuar mellorando a rede viaria dos nosos concellos e proporcionándolle maior seguridade e comodidade ao conxunto dos usuarios.

14 de xaneiro de 2015 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.