publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As novas dependencias de atención primaria no centro multiusos de Carballedo comezan a funcionar o vindeiro luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal Portada
A-
A+

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, porá o vindeiro luns 19 de xaneiro en funcionamento asistencial as novas dependencias de Atención Primaria sitas na planta baixa do centro multiusos de Carballedo, no Concello de Cotobade.

Cunha superficie de 201,50 m2 de obra -na que colaboraron conxúntamente o Servizo Galego de Saúde, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cotobade- as novas instalacións sanitarias nesta localidade dispoñen dun total de cinco salas asistenciais e contan cun cadro de profesionais dotado de dous facultativos, unha enfermeira, un pediatra e unha matrona.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés trasladou as dependencias do anterior centro de saúde, emprazado no lugar da Igrexa, á planta baixa do novo inmoble para, deste xeito, reverter ao Concello o local onde se desenvolvía ata o de agora a actividade de Atención Primaria en Carballedo.

Mellora constante na calidade asistencial

Coa devandita posta en funcionamento o vindeiro luns, a Administración Sanitaria galega refrenda a súa consecución de melloras constantes na calidade asistencial para a poboación do Concello de Cotobade.

Nesta liña, continúan a efectuarse xestións para que este municipio forme parte próximamente da relación de concellos beneficiarios das axudas necesarias para atender os gastos de mantemento deste centro sanitario de referencia -electricidade, calefacción e limpeza-.

16 de xaneiro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.