publicidade hoxe

Arzúa promove un obradoiro de Danza e Baile

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha o primeiroObradoiro Municipal de Danza promovido para este ano 2015 co fin de impulsar unha nova actividade formativa e de lecer. Haberá tres disciplinas que se impartirán os xovespola tarde no Recinto Feiral ‘Terra do Queixo’:

– Ballet clásico desde os cinco anos con clases preparatorias para os examesoficiais.
– Danza moderna e hip hop tamén desde os cinco anos.
– Bailes de salón a partir dos dez anos de idade.

Faranse varios grupos adaptados ás distintas idades e estableceranse horarios para os mesmostendo en conta as necesidades de cada tipo de público, é dicir, os rapaces e rapazas asistirán ássesiónsnas horas centrais da tarde e os adultos desde as oito do serán. As sesiónsteránunha duración dunha hora semanal.

As disciplinas que consigan grupo mínimo comezarán no mes de febreiro e terán un custo de 25 euros por persoaao mes, podendo beneficiarse do 30% de desconto no caso de inscribirse máisdunmembro da unidade familiar nunhaactividade. A rebaixaaplicarase a partir do segundo membro anotado.

Para participar en calquera das modalidades é necesario inscribirse previamente no Departamento de Cultura de forma presencial, chamando ao 981 500 222 ou contactando co correo electrónico cultura@concellodearzua.com. O prazo remata o vindeiro 28 de xaneiro e as prazas son limitadas.

14 de xaneiro de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.