publicidade hoxe

Anxo Lorenzo visita o xacemento arqueolóxico de Castrolandín en Cuntis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Anxo Lorenzo en Cuntis

Anxo Lorenzo en Cuntis

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, visitou hoxe o xacemento arqueolóxico de Castrolandín, en Cuntis, onde tivo ocasión de coñecer o proceso de recuperación do castro e as actuacións promovidas pola Fundación Terra Termarum Castrolandín para a súa posta en valor nos últimos anos.

Na visita tamén participaron o alcalde de Cuntis, Antonio Pena, e membros da corporación municipal; así como a deputada de Cultura de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez.

Creada en 2001 baixo a presidencia de Olimpio Arca, a Fundación Terra Termarum é a encargada de xestionar o xacemento e ten como obxectivo a protección e promoción do patrimonio arqueolóxico do concello de Cuntis.

Entre o 15 e o 20 por cento do xacemento de Castrolandín –parte da croa e dunha entrada– foi escavado e musealizado. Na zona sen escavar da croa vénse realizando a Festa dos Fachos de Castrolandín, coincidindo coa noite de san Xoán.

9 de xaneiro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.