publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Acádanse os 119 km/h en Carballeda de Valdeorras e as chuvias deixan 78 l/m2 en Vilariño de Conso

Europa Press

O temporal rexistrado este venres deixou refachos máximos de vento -ata as 18,30 horas- de 119 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras (Ourense) e 78 litros por metro cadrado de chuvia acumulada en Vilariño de Conso, tamén na montaña ourensana.

Así o sinalaron fontes de MeteoGalicia, que indicaron que foi a zona de montaña a que rexistrou os refachos máximos de vento con, entre outros, rexistros de 110 quilómetros por hora en Manzaneda.

Mentres, na zona de costa o vento alcanzou os 88 quilómetros por hora en Cedeira (A Coruña) e os 83 km/h no municipio coruñés de Malpica.

Está previsto que o vento poida ter un lixeiro repunte nas últimas horas deste venres, entre as 21,00 horas e a media noite, segundo precisaron as mesmas fontes.

CHUVIA

En canto aos valores de chuvia rexistrados por MeteoGalicia este venres, a zona de Pontevedra foi a máis afectada, aínda que o valor máis elevado se rexistrou -ata as 18,30 horas- na montaña ourensana, en Vilariño de Conso, con 78 litros por metro cadrado e os 67 en Manzaneda.

Na provincia de Pontevedra as precipitacións acumularon 64 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes, 55 en Cotobade e 49 en Vigo.

Noutros puntos como Friol (Lugo) rexistráronse ata media tarde 55 litros por metro cadrado, mentres que en Santiago de Compostela apenas se alcanzaron os 19 litros por metro cadrado.

Ademais, para a xornada deste sábado espérase un descenso da cota de neve, ata os 500 metros ao final da xornada e prevese máis frío para o domingo.

30 de xaneiro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.