publicidade hoxe

A Xunta estudará a posta en marcha na Gudiña dun centro destinado á promoción da autonomía persoal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Gudiña
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde da Gudiña. Foto: A. Varela

Beatriz Mato na reunión co alcalde da Gudiña. Foto: A. Varela

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, comprometeuse hoxe co alcalde da Gudiña, Guillermo Lago, nunha xuntanza que tivo lugar en Santiago, a estudar a posibilidade de poñer en marcha un centro destinado á promoción da autonomía persoal. A titular de Benestar destacou que este tipo de servizos poderán ofertarse a través da carteira de servizos autónomos que forma parte do novo modelo de atención que está a desenvolver a Xunta no eido dos servizos sociais. Con esta modificación, estase a pasar do actual modelo, que acredita os propios centros, a un no que se acreditan os distintos servizos que pode prestar un determinado centro. De este modo, poderán beneficiarse de determinados servizos non só os usuarios dos centros, senón tamén os potenciais demandantes deste recurso en concreto que habiten no contorno.

9 de xaneiro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.