publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A unidade móbil da ITV desprazarase a Ponte Carreira e Abellá do 9 ao 13 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades informa de que a unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) desprazarase ás localidades de Ponte Carreira e Abellá para realizar inspección técnicas de vehículos agrícolas. Para unha maior comodidade e para axilizar o servizo, dende o Concello de Frades recoméndase facer uso do sistema de cita previa (ben a través da web www.sycitv.com-citaprevia ben chamando ao teléfono 902 309 000), aínda que tamén é posible concertar a cita na propia unidade móbil da ITV.

A unidade móbil da ITV estará instalada no campo da feira de Ponte Carreira o luns 9 e o martes 10 de febreiro. Despois emprazarase diante do campo de fútbol de O Vedral de Abellá, onde permanecerá os días 11, 12 e 13 de febreiro. O horario de atención ao público será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, salvo o martes 10 e o venres 13 de febreiro, días nos que só se atenderá en xornada de mañá.

19 de xaneiro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.