publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A pirómana da Rúa volve a ser detida cando trataba de prender lume a un vehículo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo este venres por segunda vez no municipio da Rúa (Ourense) a unha veciña cando pretendía prender lume a un vehículo estacionado na rúa.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 8,30 horas deste venres foi arrestada de novo a muller cando, tras saír do seu domicilio a tirar o lixo, se dispoñía a prender lume a un vehículo.

A muller, de 52 anos e veciña da Rúa, fora detida o pasado 25 de decembro como presunta autora de varios delitos de incendio en vehículos e vivendas.

A presunta pirómana, M.L.R.J., veciña de Fontei, na Rúa, foi detida pola Garda Civil no mediodía do xoves de Nadal acusada de varios delitos de danos por incendio en vehículos e inmobles que se viñan producindo na zona dende o 14 de decembro.

No momento da súa detención, a muller foi sorprendida cando colocaba unha pastilla de arranque debaixo dun vehículo. Tras ser detida foi levada a un hospital para unha avaliación, tras o que quedou en liberdade.

Na noite do xoves intentou de novo prender lume, polo que os axentes procederon a seguila e finalmente foi detida na mañá deste venres cando se dispoñía a queimar un vehículo, segundo comentaron as mesmas fontes.

9 de xaneiro de 2015 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.