publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A parcelaria de Val de Camba permitirá reordenar a propiedade de 1.812 hectáreas de 664 propietarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRodeiro
A-
A+

A concentración parcelaria de Val de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro, permitirá reordenar a propiedade de 1.812 hectáreas, pertencentes a 664 propietarios, mellorando deste xeito o aproveitamento das terras dedicadas basicamente a cultivos forraxeiros para alimentación do gando, potenciando a competitividade das súas explotacións. Esta concentración parcelaria iniciouse no ano 2008 e beneficia a unha zona eminentemente gandeira.

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá Rodeiro para comprobar a evolución dos traballos desta concentración parcelaria, en compaña do alcalde da localidade, Luis López. Tamén estiveron presentes na visita o xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, e a xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Julia Pérez Pacios.

Os representantes da Xunta de Galicia puideron comprobar sobre o terreo a execución da rede de camiños principais na que se invisten algo máis de 2 millóns de euros, así como coñecer de preto as inquedanzas e opinión dos representantes da xunta local da zona de concentración, cos que mantiveron unha xuntanza.

22 de xaneiro de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.