publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A neve deixa sen clase 724 alumnos de 25 centros educativos de Ourense e Lugo

Europa Press

A presenza de neve ou xeo na rede viaria galega deixou este martes sen clase a 724 alumnos de 25 centros educativos das provincias de Lugo e Ourense.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación, na provincia de Lugo quedaron sen acudir ás aulas 407 estudantes de 18 centros, en tres dos cales se tiveron que suspender as clases.

A maioría das incidencias, por rutas do transporte escolar afectadas, rexistráronse en centros de municipios da montaña luguesa, con 377 alumnos afectados de 14 centros de municipios como Pedrafita do Cebreiro, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso, A Fonsagrada, As Nogais, Samos e Triacastela.

En concreto, Educación sinalou que as clases foron suspendidas este martes en tres centros de Cervantes, Folgoso do Courel e A Fonsagrada.

OURENSE

Mentres, na provincia de Ourense quedaron sen clase 317 estudantes de sete centros, en catro dos cales se suspenderon as clases.

Como en Lugo, a maior parte das incidencias rexistráronse en localidades da montaña ourensana, onde se quedaron sen poder acudir ás aulas 271 alumnos de seis centros de localidades de Carballeda de Valdeorras, A Gudiña, A Mezquita, Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. A maiores, no Sur da provincia de Ourense suspendéronse as clases no CEIP no municipio de Vilardevós.

20 de xaneiro de 2015 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.