publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A mancomunidade da comarca de Ferrol inicia os trámites para a nova licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAresAs SomozasCabanasCedeiraFeneFerrolLocal PortadaMoecheMugardosNarónNedaSan SadurniñoValdoviño
A-
A+

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol inicia os trámites para a licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos debido á próxima finalización do actual contrato, en vixencia até o vindeiro mes de maio. O organismo supramunicipal aprobou os pregos deste novo contrato o pasado mes decembro. Este servizo, que xa se está a prestar de maneira mancomunada, contará con novidades no seu novo contrato como a incorporación do Concello de Cabanas ou a baixada do prezo de licitación. Este foi un dos asuntos abordados na sesión ordinaria da Mancomunidade que se celebrou esta tarde no Pazo Municipal de Ferrol e que presidiu o alcalde da cidade naval Jose Manuel Rey Varela. Na mesma, os rexedores fixeron un seguimento dos servizos e proxectos mancomunados que actualmente teñen en marcha.

Unha das vantaxes desta nova licitación da xestión de residuos voluminosos é a redución de custes para as arcas locais coa incorporación do municipio de Cabanas. Así as cousas, o prezo de licitación para o devandito servizo será de 96,30 euros por tonelada (sen IVE) fronte aos 130 euros por tonelada dos establecidos no actual contrato. A creación deste servizo mancomunado supuxo un aforro para as arcas dos Concellos membros do organismo supramunicipal dun 26% con respecto ao custe xestión individual por municipio. O prazo de vixencia do novo contrato sería de catro anos prorrogables por outros dous.

Cómpre sinalar que o conxunto dos municipios que integran a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol depositan arredor de 1.600 toneladas de refugallos voluminosos ao ano, o que supón un custe por exercicio de aproximadamente 180.000 euros.

Programas de Cooperación

Noutra orden de cousas, os alcaldes da Mancomunidade acordaron volver acollerse ao programa de Cooperación da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, co obxectivo de reforzar os servizos mancomunados que coordina este organismo. Así as cousas, a institución supramunicipal solicita subvencións para a contratación dun técnico/a en Medio Ambiente, un educador/a social e un administrativo/a.

12 de xaneiro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.