publicidade hoxe

A gravación do cd Irmandiño Son será unha das grandes novidades do Asalto ao Castelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Unha das grandes novidades desta XX edición do Asalto ao Castelo 2015 acaba de poñerse en marcha.

A aposta pola música, a través de 12 artistas ou grupos, plasmarase na gravación en estudo dun CD, baixo o título de Irmandiño Son, onde diferentes formacións, desde o seu estilo, crearán unha canción inspirada nunha historia irmandiña.

Este CD nace baixo o amparo da A.X.Cherinkas e do Concello de Vimianzo e verá a luz unhas semanas antes do grande día do Asalto, isto é, no mes de Xuño.

Os artistas, todos vimianceses, que veñen de sumarse ao proxecto son:

1- Asalto ao Castelo (Teatro)

2- Perkuchanga (Repercusión-charanga)

3- Efraín (Electrónica)

4- Civiero (Rap, Hip-hop)

5- Animundis (Música Contemporánea)

6- Bastardos de Rivera (Punk)

7- A. C. Trubisquiña (Tradicional)

8- Serj (Folk)

9- Troitamundos (Rock)

10- Fugao´s (Pop)

11- Suso Quinito (Música de autor)

12- Coral Lusco e Fusco (Coral)

Agora mesmo, comeza a fase de creación, a cal rematará en marzo, para a partir de aí proceder a gravación, edición e masterización do disco.

29 de xaneiro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.