publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña reparará cun orzamento de 50.000 euros as beirarrúas de Landín Carrasco en Cariño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCariño
A-
A+

A Deputación da Coruña destinará 49.977,14 euros ao Concello de Cariño para a rehabilitación de beirarrúas na rúa Landín Carrasco.

Debido á antigüidade do viario o estado das plaquetas que conforman as beirarrúas desta estrada están en mal estado polo que está previsto construír unhas novas, á vez que se reordenará lixeiramente a rúa para conseguir unha maior seguridade e comodidade para os veciños e veciñas.

O tramo sobre o que se actuará alcanza os 235 metros. A ambos os dous lados haberá beirarrúas de 1,5 metros de ancho, mentres que o espazo para aparcamento será de dous metros, tamén nas dúas marxes. A calzada con dous carrís suma cinco metros.

O 100% do custo das obras será asumido pola institución provincial.

8 de xaneiro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.