publicidade hoxe

A Deputación da Coruña formaliza o seu compromiso con Cabanas para cubrir a bancada do campo de fútbol da Veiga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabanas
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou un convenio de colaboración co alcalde de Cabanas, Germán Castrillón Permuy, que permite a achega de 32.790,64 euros para cubrir as bancadas do campo de fútbol da Veiga.

Trátase dun acordo aprobado no Pleno ordinario de decembro e polo que a institución provincial asume o custo total da actuación que lles permitirá aos residentes no concello dispor de mellores equipamentos deportivos.

Ademais da obra de instalación da cuberta de 447 metros cadrados, unha vez rematados os traballos repoñerase a rede de parabalóns ao longo de todo o perímetro do campo.

A Deputación colabora con este tipo de actuacións en distintos concellos da provincia coa intención de que os veciños e veciñas do entorno poidan gozar dos eventos deportivos en boas condicións.

19 de xaneiro de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.