publicidade hoxe

A Deputación da Coruña achega 90.000 euros ao Concello de Paderne para mellorar a pavimentación de camiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPaderne
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou un convenio de colaboración co alcalde de Paderne, César Longo Queijo, polo que o concello recibirá 90.000 euros para o arranxo de viarios en varias parroquias. En concreto, o acordo contempla melloras en Adragonte, Vigo, Quintas, Velouzás e Viñas.

As obras consisten no afirmado de camiños, na limpeza de cunetas e na colocación de tubaxes de formigón para a recollida de pluviais nos camiños de Sequeira, Ambroa, Esfarrapa, Batán, Lambra-Borrallos, Porco-Hermeiro e no viario entre a estrada de Ponte do Porco e o cruce de Montecelo. Neste último camiño colocarase ademais unha banda para reducir a velocidade, nova sinalización e un sumidoiro transversal.

O custo total do proxecto ascende a 90.000 euros, que serán asumidos en solitario pola Deputación.

7 de xaneiro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.